RSC

 

En PETROMIRALLES coidamos especialmente as iniciativas dedicadas á atención da terceira idade ou da infancia con déficit intelectual. Cremos que o deporte pode ser para este último grupo un gran método de estimulación física e emocional, que facilita así mesmo a súa integración social, polo que apostamos de maneira decidida por estas accións. Do mesmo xeito, dispomos de acordos de colaboración con entidades dedicadas á cultura e ao deporte, sempre que ofrezan unha actividade que contribúa á formación da xente nova nun eido totalmente amateur e cívico.

Un obxectivo tamén sempre presente na nosa actuación diaria e nos nosos proxectos de futuro é a preservación do medio, polo que traballamos para achegar ao mercado novos produtos e innovadores sistemas para que os vehículos resulten menos agresivos para a atmosfera e con consumo de enerxías renovables.

 

RSC