Operador Petroleiro

 

No ano 2002 PETROMIRALLES constitúese Operador Petrolífero fundando PETROMIRALLES3, S.L., demostrando desde entón a nosa disposición para sermos competitivos no mercado dos carburantes, conseguindo ampliar constantemente unha fiel carteira de clientes entre as gasolineiras independentes, flotas de transporte e distribuidores polo miúdo aos que subministramos os nosos produtos.

Operador petrolero

 

Traballamos con algunhas das máis importantes compañías petrolíferas e, das súas refinerías, saen os buques cisterna con destino ás terminais que hai nos portos, as cales empregan laboratorios de gran prestixio internacional para certificar conforme á lexislación vixente cada partida de gasóleo cando chega e tamén antes de que saia ao mercado. Mantemos un constante fluxo de información entre os provedores e nós, en permanente vixilancia das fluctuacións dos mercados, aproveitando os momentos óptimos para a formalización das nosas compras, para preservar os intereses dos nosos clientes.

Con rigor, procedemos regularmente ás máis exhaustivas análises de comprobación dos produtos, coa intención de garantir o estricto cumprimento de todas as especificacións e normativas españolas e europeas. Só con base na certificación destas garantías de calidade, permitimos a saída ao mercado dos nosos gasóleos e gasolinas.

Fiel ao seu compromiso pola preservación do medio, o noso grupo operador ten tamén ao dispor dos seus clientes camións cisterna destinados exclusivamente á distribución de AdBlue, un produto que axuda a mellorar o rendemento do motor dos camións e favorece notablemente a redución de emisións contaminantes.